“Mellor Xuntos”, que retrata proxectos cooperativos galegos, encontra en Ponteareas tres mulleres emprendedoras. Lourdes, Mariló e Toñi iniciáronse hai anos no cultivo ecolóxico, pero foi recentemente cando decidiron comercializar xuntas a súa produción e ofrecer aos veciños produtos saudables a través da cooperativa Pontebio.O programa fainos partícipes doutros proxectos. Fernando Veiga é o xerente de Horsal, unha cooperativa situada no Salnés, cun cento de xefes, porque cada socio exerce tamén funcións de propietario. En Compostela, coñecemos a Esteban e outros compañeiros e socias de Panxea, unha iniciativa de consumo responsable. Finalmente, no Riós, José Luis Vaz preséntanos Biocoop, unha cooperativa de raza vianesa de vacún.