“Mellor Xuntos” achégase a Cousas da Terra, onde varias socias rexentan unha tenda de produtos ecolóxicos e artesáns. Este establecemento hostaleiro busca potenciar o comercio xusto. Ademais, visitan a consultoría Encomún Proxectos, que comparte espazo con “Feitoría Verde”, unha cooperativa de educación ambiental formada por catro mulleres. O programa preséntanos tamén a Unión de Cooperativas de traballo Asociado-UGACOTA,  unha entidade que representa ao cooperativismo do traballo asociado en Galicia e que axuda a un proxecto cooperativo de estilismo que está a nacer en Compostela.