“Mellor xuntos” comeza o percorrido polo porto de Ribeira, onde atopamos unha iniciativa que aglutina pescadores na cooperativa Artesáns da Pesca.  Despois, o equipo vai ata Arzúa, onde coñecemos os meirandes expertos en apicultura de Galicia, na cooperativa 'Erica mel'. En Carballeda de Avia, 'Antoxos' reparte catering nun proxecto que levan adiante varias mulleres. A viaxe remata en Culleredo, na iniciativa Frugal de froita deshidratada.