“Luz Verde” incide este sábado nos riscos dos ciclistas na estrada, os usuarios máis vulnerables ante calquera accidente. Coñecemos a historia dun rapaz cunha paixón moi clara, saír na bicicleta co seu grupo de amigos. Con todo, en ocasións, a convivencia entre condutores de vehículos a motor e bicicletas non é a desexada. A historia narra o suceso dun ciclista que queda atrás do grupo e, en cuestión de segundos, un forte estrondo pon en garda os seus amigos, que saen na súa procura. A escena coa que atopan non é fácil de afrontar. Os gardas civís Beatriz González e Pablo Bouzas alértannos dos principais riscos de saír á estrada coa bici e explicannos como debemos comportarnos ao atopar ciclistas cando se conduce o coche. A normativa para adiantar, as recomendacións de seguridade ou a consciencia da fraxilidade do ciclista como usuario da vía, son algúns dos conceptos que xa se van introducindo na cultura viaria. O xefe provincial de Ourense da DXT, David Llorente, facilita os datos