O programa fala do avellentamento que sufriu o parque móbil en España nos últimos anos, motivado en boa medida pola crise, unha tendencia que xoga en contra da seguridade viaria. A media de idade dos vehículos accidentados no último ano superaba os 10 anos, cifra a partir da cal un coche se considera vello. As eivas en seguridade e o pouco axeitado mantemento causan a maioría de problemas relacionados con este tema.Cambiar de coche non está ao alcance de todos os condutores e moitas veces son os máis novos os que conducen vehículos de maior antigüidade. Un pai decide legarlle o seu coche vello á súa filla, aínda inexperta ao volante. Tras facerlle unha posta a punto dálle a sorpresa, non moi do agrado da rapaza. Pero o pai esquece que nun coche vello é aínda máis importante que todos os elementos de seguridade funcionen á perfección. O regalo acaba por ser o peor agasallo que podía recibir a moza.O tenente coronel Francisco Javier Molano e a responsable de tráfico de Galicia, Mª Victor