Latexos da cidade mide o pulso das cidades galegas. Hoxe pasamos a mañá en Santiago, coñecendo todo o rueiro da cidade da man dun dos repartidores de MRW. Despois, visitamos Vigo, para coñecer a arquitectura máis moderna da cidade olívica. Pasaremos a tarde na Coruña, compartindo café e boas ideas cos membros do Papagaio, un coworking do Concello destinado ao emprendemento. E a nosa última parada do día é Pontevedra, onde quentaremos as mans cun bo cucurucho de castañas.