En Latexos da cidade hoxe viaxaremos a Vigo para coñecer como é o día a día dun hotel de luxo que ten unha piscina con vistas á ría. Nada menos! Na Coruña estaremos nun dos barrios máis populares, O Ventorrillo, porque alí hai quen traballa arreo e á súa vez quen está botándolle unha baila. E logo! É o día da festa! En Ourense, aprenderemos a andar cos trebellos eses que voan. Si, eses! Os drons! Benvidos ao futuro. E en Ferrol coñeceremos un equipo de baloncesto moi especial. Un dos orgullos da cidade departamental. Claro que si!