Latexos da cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste programa, comezamos a xornada no atasco que causa en Matogrande a entrada a un colexio moi activo, o Liceo La Paz. Despois, a media mañá, poñemos rumbo a Ourense, onde unha patronista de Adolfo Domínguez nos mostrará o lado máis elegante da cidade, nunha empresa na que todos son xa familia. A tarde pasarémola na cidade de Vigo, no centro comercial Gran Vía, en que nos mostrarán as 'tripas' dun centro destas dimensións. Por último, achegarémonos de cara á noitiña a Lugo, onde o Hospital Polusa abrirá as portas do seu centro de urxencias para nós.