En Latexos da cidade hoxe visitaremos Santiago de Compostela para aprender o oficio de repartir cartas. Case non lle damos feito ao carteiro co rápido que andaba! Na Coruña fomos ao mercado dos Mallos para sabelo todo sobre a feira e tamén sobre a historia da arte… En Pontevedra hoxe toca ir á madeira. Acompañaremos os traballadores municipais nunha manobra de corta selectiva moi arriscada. Mi madriña, como gabean polos eucaliptos! E como será o primeiro día de escola nun colexio? En Vigo coñecémolo de primeira man e ata aprendemos a bailar.