Coñeceremos como diversas empresas, institucións e profesionais, conseguiron adaptarse ás medidas preventivas contra a Covid para continuar desenvolvendo o seu cometido. Para iso viaxamos ata Ferrol para ver como enfrontaron a pandemia os nosos amigos de Navantia. En Ourense vimos de primeira man como se traballa nun supermercado e como se atende ao público cumprindo todas as recomendacións. En Vigo acudimos a un dos sectores máis golpeados pola pandemia e que máis tiveron que adaptarse: os ximnasios. En Lugo asistimos a un partido do Breogán para ver como se adaptaron as medidas de seguridade a un evento deportivo. E estivemos tamén en Santiago, para ver, en tempos de Covid, como traballan os encargados de recoller o lixo. E tamén viaxamos con taxistas das cidades de Santiago, Lugo e Ferrol, para ver como é unha quenda durante o toque de queda.