En Latexos da Cidade hoxe visitaremos Lugo para ver como se controlan as pragas de varios tipos de bichería, incluídas ratas. Ollo que estas ata roen os coches! En Santiago teremos o pracer de visitar o hotel máis luxoso da cidade e descubriremos que persoeiros coñecidos teñen durmido nel. E tamén visitaremos Vigo, para asistir á final dun concurso de cociña organizado pola Federación Galega de Parálise Cerebral. Cun xurado de altura! E na Coruña poñeremos un disfrace para participar na carreira máis solidaria de todas. Iso si, ben pasados por auga!