Latexos da Cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste capítulo visitamos a primeira hora o Xulgado do Social nº2 de Vigo, onde asistiremos a varios xuízos e coñeceremos o funcionamento da xustiza viguesa. Despois, para repoñer forzas, que mellor que unha boa tapa no casco vello de Lugo, da man da Taberna Daniel. Xa xantados, achegarémonos a Ourense para acompañar ao equipo da Policía Local no seu traballo diario, con accidente incluído. E xa de tarde nos diriximos a Pontevedra, onde o equipo do 061 está sempre listo para saír correndo, pero con xeito, a velar pola saúde dos seus cidadáns.