Latexos da Cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste primeiro programa, comezamos a xornada en Ferrol, na entrada de Navantia, un dos pulmóns económicos da cidade, onde esperan unha peza moi importante. A media mañá desprazámonos ata A Coruña, onde un equipo de heroes anónimos, os bombeiros, se preparan para unha xornada na que terán unha saída urxente. Pasada xa a hora de comer é hora de relaxarse na cidade de Vigo, onde nos agardan cos brazos abertos, nun dos salóns de peiteado máis grandes de Galicia. E a última hora poñemos rumbo a Santiago, onde o propietario do bar Galicia asiste a clases de karate antes de facer fronte a unha madrugada facendo pizzas para todos os festeiros da cidade.