Latexos da cidade mide o pulso das cidades galegas. Hoxe imos de mañanciña cara a Vigo, onde os 122 vendedores do mercado de Coia, están xa a montar os seus postos. Despois poñemos rumbo á Coruña, onde o bo ambiente e a boa comida non pode faltar, nun barrio máis coruñés que a propia torre de Hércules, Monte Alto. A tarde pasarémola rodeados de peregrinos que collen un autobús para volver á casa, na estación de Santiago de Compostela, e rematamos o día coa tensión dun bo partido de baloncesto co Breogán de Lugo.