En Latexos da Cidade hoxe viaxamos a Santiago de Compostela para coñecer como é o día a día do Mercado de Abastos da man de Mari Carmen, unha peixeira como é debido! En Vigo habemos ver como é unha conserveira por dentro. E unha cousa está clara: aquí non vale parar! No Aquarium da Coruña hai criaturas que meten moito medo e outras que son taaan riquiñas. Ata dan bicos! E en Ferrol, coñeceremos como é a xornada dos traballadores da ONCE no Porto e no precioso barrio da Magdalena.