Hoxe en Latexos da Cidade viaxaremos á Coruña, ao Palacio da Capitanía Xeral para vivir un dos momentos máis espectaculares do mes: o cambio de garda. En Vigo colgarémonos dos edificios máis elevados para descubrir como traballa a xente que se move nestas alturas. A ver se non caemos! En Ferrol veremos como é por dentro unha das institucións máis importantes da cidade: a cociña económica! E en Pontevedra subiremos a un coche de carreiras pero non para competir, aínda que o pareza! Imos ver se somos quen de pasar a itv con el.