Latexos da cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste programa, comezamos a xornada en Ferrol, onde nos abren as portas do arsenal militar, para botar un ollo ás curiosidades deste lugar tan antigo como misterioso. Logo, a media mañá, visitaremos a Universidade de Lugo, e a Facultade de Veterinaria, onde suceden cousas ben exóticas. Tras o xantar, é hora de descubrir o lado máis deportista dos vigueses, nun dos ximnasios con máis afluencia de xente. Rematamos o día cuns bos flocos de millo nos cines da Coruña, onde tamén descubriremos os recuchos "de película" da cidade.