As nosas cidades nunca descansan, sempre están en movemento! Cheas de vida, de historias, de ritmo, de momentos, de xente. Hoxe en Latexos da Cidade viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer como é o día a día dos militares que traballan no Aeródromo Militar da Lavacolla. En Ourense estaremos na inauguración dun gran centro comercial dunha multinacional da bricolaxe. E en Lugo coñeceremos a Jara, unha cadela moi agarimosa que pasará por un trance complicado, coitadiña. Rematamos o programa na Coruña, nun día moi especial para Alba e os seus amigos, xa que van facer un bautismo de mergullo, toda unha experiencia que pode saír moi ben ou non tan ben…habemos velo!