As nosas cidades nunca descansan, sempre están en movemento! Cheas de vida, de historias, de ritmo, de momentos, de xente. Hoxe, en Latexos da cidade, viaxamos a Vigo, onde viviremos unha xornada na lonxa. Un ir e vir de xente e de mercadoría! En Lugo estaremos coa Garda Civil de Tráfico nun control de alcol e drogas. Hai quen o levou moi ben, e hai quen non tan ben. En Santiago faremos os últimos metros do Camiño cunha familia peregrina moi especial composta polo pai, a nai e os seus seis fillos. E remataremos na Coruña. Nun día incrible para o barítono Borja Quiza que cantou en María Pita coa Orquestra Gaos diante de toda a súa xente nun concerto moi especial.