En Latexos da Cidade hoxe viaxaremos a Lugo para coñecer a Mariluz e a empresa na que traballa: unha das leiteiras máis importantes de Galicia. Vacináronse contra gripe? Na cidade de Ourense si. Acompañamos a uns enfermeiros nunha xornada de moitas picadas! A cervexa, a comida, a boa música e Xoel López serán os protagonistas da nosa parada en Vigo! E na Coruña, un equipo de hockey atreveuse cunha xincana pola cidade. Imos seguilos co fin de atopar un misterioso persoeiro...