Latexos da Cidade mide o pulso das cidades galegas. Hoxe arrancamos o día na cidade amurallada de Lugo, onde nos agardan cun bo café nas mans de Cafés Candelas. Despois, desfrutaremos do sol e do mar en Vigo, onde celebran o arranque dun cruceiro que poñerá rumbo aos mares do norte dende a cidade viguesa. Pola tarde aproveitaremos a auga pero de outra maneira, relaxándonos xunto a un convidado moi especial na Casa del Agua da Coruña. E xa para rematar o día, poñemos rumbo a Ourense, onde Miquel, matrón, esteticista e cantante, nos ensinará algúns dos lugares e actividades máis interesantes da cidade.