En Latexos da Cidade hoxe iremos ata Ferrol, para coñecer como é o día a día dos seus bombeiros. Ollo, que se están a converter en auténticos exterminadores de velutinas! En Vigo saberemos como é o traballo de ir conducindo un autobús turístico e que os viaxantes escachen a rir á mínima! Na Coruña descubriremos o impacto que ten un gran cruceiro na cidade e como os turistas que nel veñen lle dan aos churros, ás cañas e ao que faga falta. E en Santiago veremos o trepidante que é a quenda do mediodía no comedor da facultade de Matemáticas da USC. Ai, quen dera ser universitario toda a vida!