Latexos da Cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste programa comezamos o día sobre rodas na cidade da Coruña, onde un condutor de bus urbanos nos dará un bo paseo pola cidade. Despois, en Pontevedra, farannos un oco nun taller de coches, onde coñeceremos os principais problemas dos vehículos pontevedreses. A tarde preséntase bonita, e moi doce, cunha ruta polas principais confiterías e pastelerías ourensás. Por último, tras coller forzas, imos cara Vigo, para bailar a ritmo de pop, dance, reggaeton ou o que cadre, nos locais do Areal.