Latexos da Cidade mide o pulso das cidades galegas. Hoxe visitamos a primeira hora a cidade de Ourense, preparados para encher o cesto nun lugar con moito movemento, a praza de abastos. A media mañá movémonos á Coruña, onde nos reciben nunha das farmacias máis grandes e modernas de Galicia. Pasaremos a tarde na fermosa Pontevedra, no espazo Arroelo, un coworking en que máis que compañeiros, son familia. E a última hora do día marcharemos cara a Vigo, para tomar algo e gozar dos amigos durante un partido do Celta.