Latexos da Cidade mide o pulso das cidades galegas. Neste programa, comezamos a xornada en Coruña, onde subastadores e praceiros madrugan para vender e mercar o peixe e marisco que logo chegará aos nosos pratos. Xa de mañá, poñemos rumbo a Vigo, onde Luz, traballadora de Correos, percorrerá a cidade tentando entregar todos os paquetes posibles. Despois de comer é hora de visitar Santiago, e da man de alguén que a coñece moi ben, un grupo de guías turísticos que están a facer unha visita guiada gratuita, con fins solidarios. Rematamos o día na vila de Ourense, onde a estación de tren é lugar de paso para viaxeiros que veñen e van.