Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a provincia de Pontevedra para pasar o día na vila de Tui. Esta zona de gran interese histórico acolle todos os xoves unha gran feira. Coma cada semana, durante a nosa visita a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Tui para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!