Close

Imos de feira

Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, o programa promete diversión e premios para os asistentes.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Viajes, Sociedad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/imos-de-feira

Episodios disponibles para ver online

Programa 10: Ordes - 14/03/2020 19:15
Imos de Feira – Ordes Hoxe en “Imos de Feira” quedamos a medio camiño entre A Coruña e Santiago para visitar a vila de Ordes, na conca do río Tambre. Esta vila, que ten as súas raíces na Idade Media, é coñecida sobre todo pola gran feira que se celebra todos os mércores, e que dota de vida á praza do Campo da Feira e a todos os negocios da zona. Cada mércores, veciños da comarca chegan en coches e en buses a Ordes para mercar e vender, e sobre todo, pasar un bo día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Ordes para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!
Programa 9: O Carballiño - 07/03/2020 19:15
En 'Imos de Feira' viaxamos ata O Carballiño, no concello ourensán coñecido máis que de sobra polo seu saboroso polbo á feira! Na Praza Maior celébrase todos os días 16 e último de mes, a feira na vila. Se cadran a domingo, pásase aos sábados, pero o caso é celebrala! Achegámonos ata alí, porque a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a gozar ao máximo do día de feira... e do polbo! Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán O Carballiño para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!
Programa 8: Vimianzo - 29/02/2020 19:15
En “Imos de Feira” viaxamos á Terra de Soneira para adentrarnos na vila de Vimianzo. O corazón da comarca medrou arredor do Castelo de Vimianzo, unha edificación do século XIII desde o que temos moi boas vistas do resto da vila. Todos os xoves hai feira, e as súas rúas se enchen de de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. 
Programa 7: Ribadavia - 22/02/2020 19:15
Nesta vila con moita historia ás súas costas, celébrase o día 10 e 25 de cada mes unha gran feira. Se cadra a domingo ou a festivo, pásase ao sábado, o caso é poder celebrala! Durante a nosa visita, a vila comeza a encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Ribadavia para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!!
Programa 6: Cambados - 15/02/2020 19:00
 Famosa pola súa espectacular arquitectura e por ser a Capital do Albariño, esta vila costeira celebra todos os mércores e sábados unha feira que atrae a xente de toda a comarca do Salnés. No programa de hoxe, as súas rúas están a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Cambados para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!!
Programa 5: Lalín - 08/02/2020 19:15
Hoxe en “Imos de Feira” visitamos Lalín, municipio pontevedrés capital da comarca do Deza. Na vila, de orixe medieval, celébrase todos os días 3 e 18 unha gran feira. O Campo da Feira Vello e o Campo da Feira Novo acollen postos de calzado, roupa, produtos agroalimentarios... e a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día.
Programa 4: Redondela - 01/02/2020 19:15
Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a pontevedresa vila de Redondela, situada na ensenada de San Simón. Esta é unha vila moi festeira, na que se celebran cada ano decenas de festividades: que se a festa da Coca, a do Choco, o festival de Títeres, o festival Millo Verde... o caso é ter motivos para saír da casa e desfrutar da vila. Por iso tamén, os días 6 e 21 de cada mes, se celebra unha gran feira. Durante a nosa visita, coma sempre, a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Redondela para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!  
Programa 3: Foz - 25/01/2020 19:15
Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a provincia de Lugo para pasar o día na vila de Foz, na Mariña Central. Este antigo porto baleeiro, famoso polas súas praias, acolle todos os martes nas súas rúas unha gran feira con máis de 150 vendedores. Coma cada semana, durante a nosa visita a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Foz para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!
Programa 2: Vilagarcía - 18/01/2020 19:15
Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata Vilagarcía, na comarca do Salnés, en Pontevedra. Esta vila mariñeira sitúase nun dos municipios máis poboados de Galicia, e como cada martes e sábado, o centro da vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Tamén o mercado de abastos, famoso polo seu peixe e marisco (como non!) agarda un día de moito movemento. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Vilagarcía para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!
Programa 1: Carballo - 11/01/2020 19:15

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >