En “Imos de Feira” viaxamos ata Cee, municipio da provincia de A Coruña. Esta vila, recoñecida por ser a capital da Costa da Morte, acolle todos os domingos unha gran feira nas súas rúas principais desde hai máis dun século. A vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día! Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Cee para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!