No quinto programa Adrián convida a un caldo á cantante moañesa de hip hop e soul Wöyza, que vén de gravar de New York para o seu último EP Tábula Rasa. Ademais cantaranos en directo un anaquiño e amosará como fai o seu puño americano coa man. A segunda convidada será a sen par estrela da canción galega Pili Pampín. Con ela, no Cara a Cara, Adrián terá que sufrir para aguantar a risa. E, por suposto non faltarán as colaboracións de Charlie e Olaya Rivas, que ademais de chamarlle Ana Kiro por erro a Pili Pampín avísanos de que a cantante galega está en Amazon.