No terceiro programa Adrián convida a un caldiño ao chef vigués David Couñago, gañador do premio ao mellor arroz de España. Ademais da entrevista, o chef preparará para o público uns petiscos que triunfan no seu restaurante Malasangre. A segunda convidada será a gaiteira Susana Seivane, que sacará a súa cara mais divertida. E con ela terá Adrián o seu Cara a Cara, no que ademais dunha cobra haberá un bico inesperado. E, por suposto non faltarán as colaboracións de Charlie e Olaya Rivas, cun xogo chamado “Come ou non come?”, no que Susana Seivane deberá adiviñar se a xente da rúa come os saltóns e vermes que lles ofrece a nosa Olaya.