O programa “Grandes lugares” da Televisión de Galicia viaxa a tres destinos con cadansúa particularidade. O primeiro, o máis exótico, está no concello ourensán de San Amaro. Chámase Ventoselo e o seu atractivo reside precisamente nos seus habitantes, que non hai moito que alí se instalaron: unha comunidade budista. San Amaro, lugar practicamente despoboado, logrou relevancia desde hai catro anos xa que un grupo de afectos a relixión budista construíron un mosteiro ao que chaman ChuSup Tsang, onde viven a fondo os seus retiros espirituais. Os veciños de Ventoselo xa non camiñan estrañados coa presenza peculiar dos foráneos. Hai boa convivencia e, amais, son consumidores habituais do bar e do supermercado da zona. Máis adiante, os reporteiros de “Grandes lugares” achéganse ata a aldea de Herville, no concello pontevedrés de Mos. Alí falan con Manuel, o canteiro, un home polifacético que o mesmo constrúe un hórreo que fai un punteiro para unha gaita.  Tamén con Sindo, tratante de gando,