Sésamo é unha parroquia do municipio coruñés de Culleredo. Un gran lugar con moita historia e rico en patrimonio cultural. Unha terra marcada pola figura dun párroco, Moncho Valcarce, que deixou aos seus fregueses un inxente legado histórico: máis de catro mil libros e revistas. Os espectadores coñecerán as xoias do coñecido como Cura das Encrobas e comprobarñan como os veciños de Sésamo, uns auténticos artistas, coidan do seu pasado. Santa Eulalia de Codeso é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, un gran lugar de ida e volta. A terra é un dos principais activos, a ela dedicaron, e dedican, moitas horas da súa vida os veciños desta parroquia. Para traballala aínda hai quen conserva vellos apeiros. En Codeso teñen bo gusto, saben de produto e tamén de troula, só lles fai falla un par de acordes para mover os pés! Mougán é unha parroquia do concello lucense de Guntín. Esta é terra de mámoas e menhires, de flora autóctona e de pemento. En Mougán non hai veciño sen plantación de