“Grandes Lugares” pasea por Sela, no concello de Arbo, e pola parroquia de Mezonzo, en Melide.
Sela está situada á beira do río Miño, que aquí fai fronteira natural entre Galicia e Portugal. Estas son terras de bo viño e de lampreas: cada familia de Sela tiña unha pesqueira para capturar a afamada vampiresa do río, que os veciños de desta aldea saben preparar de moitos xeitos. Os ribeiráns madrugan moito para levantar as redes das pesqueiras e, ademais, nestas datas faise a colleita do millo. Alí o equipo do programa axúdalle a unha familia a esfollar e a facer medas. Ademais, fai unha ruta a cabalo coas amazonas da asociación de cabaleiros de San Fins e aprende a escalar e afumar as lampreas segundo as receita das avoas de Sela.
A parroquia de Santa María de Mezonzo, en Vilasantar, é coñecida e visitada pola cabeceira da igrexa románica que posúe, pero tamén por gozar dunha das paisaxes máis fermosas de Galicia. A historia deste lugar está moi vencellada ao veciño mosteiro de Sobr