Santo Tomé de Lourenzá  é unha parroquia da comarca luguesa da Mariña Central moi coñecida polas súas afamadas fabas. Esta terra é produtiva e moi rica, xa que se dá  de todo. Neste programa, os reporteiros irán apañar fabas con Roberto, un dos grandes productores da comarca, e tamén coñecerán a Francisca, mestra fabeira que foi pioneira no cultivo desta variedade de feixón. Verdes é unha parroquia do concello coruñés de Coristanco, na comarca de Bergantiños. É unha terra de millo e de boas patacas e está incluída na indicación xeográfica protexida “Pataca de Galicia”. Pero Verdes ten moitos máis recursos, e un dos máis salientables é río Anllóns, que move catorce muíños.