A primeira parada, Santa Mariña de Lañas, é unha parroquia do concello coruñés de Arteixo. Pouco máis de 200 veciños apaixonados polo monte habitan este gran lugar. Tan sagrado é coller a bici nesta parroquia coma xogar a partida. O dominó é máis que ocio. E entre as habilidades dos veciños destaca unha: son expertos na elaboración de roscón. Couboeira é unha parroquia do concello lucense de Mondoñedo. Este gran lugar está habitado por unha trintena de veciños, son poucos, pero ben levados e moi activos. Comprobarase que coidan dos cultivos de faba con disciplina.