“Grandes Lugares” visita as parroquias de San Pedro de Ansemil e Martixe, en Silleda, e San Fiz de Brués en Boborás. San Pedro de Ansemil e Martixe son dúas parroquias moi pequenas veciñas do concello pontevedrés de Silleda e que, malia o seu tamaño, son unhas das máis nomeadas da comarca do Deza. A actual igrexa de Ansemil é todo o que se conserva dun antigo mosteiro benedictino, e os veciños da parroquia, pese a seren poucos, son moi festeiros e teñen por bo costume xuntárense unha vez ao mes no teleclub como se fosen unha gran familia. Os reporteiros do programa dan unha volta por San Pedro de Ansemil e Martixe nun coche antigo e asisten a un concurso de pandeireta e gaita. Para quedar con bo sabor de boca, degustan uns callos que preparan as cociñeiras de Pereiriña. San Fiz de Brués está no concello ourensán de Boborás e pertence a comarca do Carballiño, cuxo nome ven de broa, do pan de millo. Coma na maioría das aldeas da comarca, os veciños tiveron que emigrar a México, polo ta