Nogueira é unha zona rural e gandeira do concello coruñés de Sobrado dos Monxes, na comarca de Melide. A maioría dos veciños do lugar viven do campo, polo que, para coñecer un pouco máis o traballo no rural, os periodistas irán botar as vacas con Ángeles, unha gandeira defensora do agro que procede dunha familia numerosa de once membros. Santa Baia de Bousés é unha aldea de 200 veciños do concello ourensán de Oímbra, na comarca de Verín. Esta é unha zona “arraiana”, limítrofe con Portugal, con moitas historias de contrabando. Coma outras moitas aldeas ourensás, Bousés conserva un Entroido moi orixinal e tamén destaca pola súa numerosa banda de música. Neste programa, os reporteiros botaranse ao monte co último pastor da aldea, que ten un rabaño de 74 ovellas.