Fornelos é un lugar da parroquia de Santa María de Baio, no concello coruñés de Zas, que exerce de fronteira entre as terras altas de Soneira e a comarca de Bergantiños. Fornelos significa lugar de furnas e de enterramentos prehistóricos, e tamén é unha terra de montes que se fixo labranza. Durante catro anos, os sábados e domingos, os veciños xuntáronse para recuperar as ribeiras do rego de Fornelos e restaurar os muíños da zona. Con eles visitamos o invernadoiro do Foxo, onde se practica agricultura ecolóxica, e coñecemos a  Maroto, o muiñeiro. Fornelos tamén foi terra de canteiros e por iso o programa fala con Dios, o último canteiro, que está a facer un cruceiro de pedra para a aldea. O paseo pola vila remata cunha chocolatada con chulas á que convida a asociación de veciños de Fornelos. Santa María do Tameirón é unha parroquia do concello da Gudiña, na comarca ourensá de Viana. Está situada xusto na “raia seca” con Portugal, polo que se contan moitas historias de contrabando. A a