“Grandes Lugares” visita esta semana a fermosa aldea da Fervenza, situada na parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello ourensán do Barco de Valdeorras. Neste pintoresco lugar, moi vinculado a unha fragua, residen unha ducia de veciños, pero parece que son un cento. Viño e lousa son os principais recursos da Fervenza, pero tamén vemos como se prepara a empanada de costela e zorza e como se fan as famosas androllas. O seguinte destino é Cospindo, no concello coruñés de Ponteceso, onde cada casa ten un hórreo, aquí chamado “cabazo”. Na igrexa parroquial deste lugar de Bergantiños foi bautizado o bardo Eduardo Pondal, autor do himno galego. O programa fala con Manolo, o último gandeiro da aldea, que aínda recolle estrume no monte para facer a cama do gando, e acompaña as mariscadoras do barrio de Curras. Ademais, “Grandes Lugares” aprenderá “o latín dos canteiros” na taberna de Euloxio, visita a praia de Valarés, onde cada verán se organiza o festival “Con V de Valarés”, e asiste a