A primeira parada será San Pedro de Armentón, unha parroquia do sur do concello de Arteixo. Terra especialmente prolífera en cogombro. Un fértil bosque de carballos, castiñeiros e salgueiros acompaña auga abaixo o río Sisalde.  Os reporteiros tamén estarán en Porto de Espasante, un gran lugar do concello de Ortigueira, tradicionalmente mariñeiro e coas mellores vistas sobre o cabo Ortegal. As praias da Concha, Santa Cristina e San Antonio son o seu principal atractivo. E, por último, o equipo do programa viaxará ata Ribadeume, unha parroquia do sur do concello das Pontes, un territorio que sempre está pendente da súa riqueza natural. Os reporteiros coñecerán a Carmen, unha experta no control da avespa asiática e probaremos o doce que é símbolo desta parroquia.