“Grandes Lugares” desprázase este domingo á aldea de Abelleira, agochada no fondo da enseada de Gornelle, un recanto fermoso e tranquilo da ría de Muros. Esta é terra de bos panadeiros e por iso o programa visita a panadería de Rodolfo, onde se elaboran as famosas roscas trenzadas de Muros e as galletas mariñeiras. O equipo do programa navega pola ría no galeón que restaurou Brea, o derradeiro carpinteiro de ribeira. Un veciño moi popular é Toto, o Induráin de Abelleira, que coa súa bicicleta segue a conquistar portos de montaña. A viaxe lévanos a Abades, en Silleda, pequena como parroquia, pero grande de xente e de patrimonio. Moitos veciños que emigraron no pasado están retornando á aldea, como José, que deixou Vigo hai 15 anos para montar unha granxa-escola. Visitamoos as mulleres de Abades, que están a preparar as rosquillas para ofrecerllas á patroa da parroquia, e coñecemos a Lito, o pirotécnico, cuxa familia leva cen anos fabricando foguetes. A última visita é a Santo Tomé d