O autobús gastronómico do programa chega a terras ourensás para renderlle unha homenaxe á carne feita, madura, como é a de boi. A Festa do Boi de Allariz é unha das máis antigas de Galicia, recuperada nos tempos contemporáneos e que goza dun inmenso apoio popular. Nesta festa, o boi percorre as rúas da zona vella, entre o delirio dopúblico. Por iso, en Allariz existen tamén unhas xornadas gastronómicas baseadas no consumo de carne de bois criados nestas terras de Ourense. A presentadora e "pinche" de cociña do programa, Marta Doviro, busca un rival digno para competir coa cociñeira de "Gastrópodos", Beatriz Sotelo, ao tempo que descobre os segredos do boi. Finalmente, o elixido é José Torrico, un cociñeiro catalán asentado hai anos en Allariz. Marta tamén visita o recinto onde se celebra o Festival Internacional de Xardíns e fai parada na Taberna do Pepiño e en Casa Fandiño .O xurado popular do programa está integrado nesta ocasión polo tamén televisivo cociñeiro André de Arzúa e po