Close

Gastrópodos

O equipo de Gastrópodos componse da cociñeira do programa, Beatriz Sotelo (estrela Michelín, restaurante “A Estación” de Cambre), o crítico e divulgador gastronómico Jorge Guitián e, como condutora do programa e pinche, a actriz Marta Doviro. Entre os tres forman un equipo de traballo no que contemplan, como principal misión, facer un percorrido por Galicia no autobús do programa para conseguir poñer en valor os principais produtos gastronómicos que se poden conseguir e que se cultivan no noso país: os pementos de Padrón, a centola do Grove, o boi de Allariz, a raia de Portonovo, a xouba de Rianxo, etc. Todos lugares asociados ou matrimoniados cun produto senlleiro de cada unha das vilas protagonistas. Como sempre, o programa dará a coñecer o produto da súa vila e fará una pescuda para conseguir un cociñeiro que se enfronte nos fogóns d’O Gastrópodo á cociñeira residente do programa. As elaboracións dos cociñeiros estarán fiscalizadas por un xurado popular que, ao remate do progr

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Cocina, Viajes
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/gastropodos

Episodios disponibles para ver online

Monforte de Lemos - 13/01/2018 19:30
Fin de temporada en Monforte de Lemos. Marta Doviro e Antón Lezcano preparan algunha sorpresa para comprobar os recursos que teñen cada un dos dous cociñeiros, Antonio Botana e Beatriz Sotelo. Coma sempre, os dous equipos que se formen nesta final teñen que facer a compra no mercado de abastos, que acaba de ser rehabilitado para darlle un pulo ao comercio de proximidade.Tamén hai tempo de perderse pola vila para coñecer o que se garda no Museo do Ferrocarril e tamén para entrar no Centro do Viño da Ribeira Sacra.  O xurado popular está formado por unha representación do Club de Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos. 
Carballo - 30/12/2017 19:30
O autobús do programa aparca na praza de Carballo un día de mercado. O presentador, Antón Lezcano, entra nas cociñas dos restaurantes Río Sil e Pementa Rosa.Para xulgar o traballo dos cociñeiros Beatriz Sotelo e Antonio Botana, escolleuse un xurado popular formado por integrantes do colectivo Senda Nova, unha asociación sen ánimo de lucro que se ocupa de divulgar a riqueza do patrimonio natural e cultural das terras de Bergantiños.Os dous cociñeiros do programa teñen unha axuda extra grazas á colaboración de dous alumnos do CIFP Compostela. O casting, que realizou o programa nesta escola de cociña, foi superado por Carlos Señarís e David Bouzas.
Ourense - 23/12/2017 19:30
“Gastrópodos” chega á cidade de Ourense da man dos dous cociñeiros residentes do programa, Beatriz Sotelo e Antonio Botana. O autobús do programa vai estar no parque do Posío e dende alí o equipo trasládase ao mercado de abastos, un edificio que vai comezar proximamente unha reforma integral. O equipo fai parada nun dos lugares de máis sona da cidade, o bar Orellas, un clásico do tapeo ourensán. Os convidados para formar parte do xurado popular son integrantes do Club Vespa-Lambretta Clásica de Ourense. Nesta ocasión os dous axudantes de cociña son Vanessa Sabel e Brais Domínguez, escollidos nun cásting na escola de cociña CIFP Compostela.  
Vilagarcía de Arousa - 16/12/2017 19:20
“Gastrópodos” achégase desta volta á beira da ría de Arousa para facer parada en Vilagarcía. Os dous cociñeiros e protagonistas do programa, Beatriz Sotelo e Antonio Botana, volven enfrontarse nun reto en que, a cada paso, pode observarse a crecente competitividade entre dous estilos de cociña moi persoais. Os dous equipos de cociña, en que tamén están a presentadora Marta Doviro e o presentador Antón Lezcano, visitan o mercado de abastos da vila, que está a someterse a unha profunda rehabilitación. Alí fan a compra e tamén coñecerán polo miúdo as características dun mercado que ten unha fonda tradición na contorna da vila. O equipo do programa vivista un negocio de hostalería, a tapería Malquerida, unha taberna que rexenta Richard Santamaría e que, pouco a pouco, vai adquirindo unha acreditada sona na vila arousá. Para esta ocasión, o xurado está formado por unha representación do equipo de baloncesto AD Kemegal Cortegada, equipo da Liga 2 de baloncesto feminino. Os dous axudantes
Ferrol - 09/12/2017 19:30
A viaxe gastronómica por Galicia que propón cada semana o programa “Gastrópodos” chega desta volta á cidade de Ferrol. O lugar escollido para situar o autobús  é a Praza de Amboaxe, en pleno corazón do barrio da Madalena. Os dous cociñeiros do programa, Beatriz Sotelo e Antonio Botana, fan as súas compras, en parte, no mercado de “La Pescadería”, edificio construído en 1923 e deseñado polo arquitecto ferrolán Rodolfo Ucha Piñeiro.Nesta ocasión, os convidados para escoller cal das dúas receitas dos cociñeiros do programa é a gañadora son traballadores do parque de bombeiros municipal de Ferrol.A visita á cidade departamental tamén é aproveitada para coñecer outros recantos que teñen moito encanto. Un deles é o barrio de Recimil, por onde se deixa caer a presentadora do programa, Marta Doviro, para falar doutro mercado municipal e da vida tan singular que se respira nun barrio tan popular coma este.Finalmente, os dous cociñeiros residentes do programa teñen unha axuda externa coa partici
Lugo - 02/12/2017 19:30
A andaina de “Gastrópodos” prosegue en Lugo. Alí, na súa Praza Maior, queda situado o autobús. Desde alí tamén parten os dous equipos de cociña capitaneados por Beatriz Sotelo e Antonio Botana, que están acompañados na súa aventura polos presentadores Marta Doviro e Antón Lezcano.O lugar escollido para facer a compra é a praza de abastos da cidade, un espazo que está sufrindo unha transformación para tratar de recuperar o ambiente que sempre lle foi característico pero que tamén quere atraer os novos consumidores do século XXI. Coñecida é a lenda “E para comer, Lugo” . Por iso o programa visita os dous últimos restaurantes gañadores da mellor tapa da cidade. O restaurante Paprica, onde traballa o cociñeiro Álvaro Villasante, e o restaurante Cachivaches, onde cociña Alejandro Méndez.Para exercer de xurado popular do programa escolleuse unha institución centenaria: a Banda Municipal de Lugo. 
Santiago de Compostela - 25/11/2017 19:30
“Gastrópodos” visita este sábado un dos templos da gastronomía do país, o mercado de abastos de Santiago de Compostela. Desta volta, o autobús do programa sitúase na praza do Obradoiro. No interior do mercado, os dous equipos fan a compra cun presuposto limitado e tratando de escoller os mellores ingredientes para conseguir a vitoria. Ademais, coñecemos a Jorge Gago, Mellor Cociñeiro Novo de 2017 e que actualmente desenvolve o seu traballo no restaurante A Maceta. O xurado popular escollido especialmente para esta ocasión está formado por integrantes da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, fundada en 1921 e que é unha das asociación máis antigas de Galicia que se dedica a recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega.  Os dous pinches de cociña foron seleccionados no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra: Jaime Damián e Alberto Sanmartín, de primeiro curso do ciclo superior de cociña.  
Vigo - 18/11/2017 19:30
O autobús de “Gastrópodos, cociña en ruta” fai parada na cidade de Vigo, na praza de Compostela. O lugar escollido para realizar a compra é o Mercado do Progreso, un lugar reformado hai pouco tempo, situado no centro. O programa tamén visita o espazo “Progreso 41”, unha gastrogalería urbana. Os axudantes de cociña para esta ocasión foron seleccionados nun casting realizado no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) de Santiago de Compostela. Os escollidos foron Mauro García, de Bertamiráns (Ames) e Ángel García, de Tui.  
A Coruña - 11/11/2017 19:30
O autobús de “Gastrópodos” para na cidade da Coruña, no Cantón Grande. Desde alí, os dous equipos de cociña, integrados por Beatriz Sotelo e Antonio Botana, como cociñeiros, e Marta Doviro e Antón Lezcano, na tarefa de presentadores, desvelan cal é o produto sorpresa co que terán que elaborar cada unha das súas receitas. A compra realízase na céntrica praza de Lugo, pero tamén coñecemos outro dos nove mercados municipais da cidade da Coruña: o de San Agustín. Os dous pinches de cociña foron seleccionados na escola de hostalería CIFP Compostela, que este ano celebra o seu 50 aniversario: Yanilsa Gil, de Ordes, e Alfredo Beirás, de Santiago de Compostela. O xurado popular escollido foi a Asociación Cultural Manicómicos.    
Pontevedra - 04/11/2017 19:30
A Televisión de Galicia inicia unha nova temporada do “show” gastronómico “Gastrópodos, cociña en ruta”. O programa presenta este ano novidades, xa que pasa a ser unha competición entre dous cociñeiros do Grupo Nove. Segue no programa a cociñeira Beatriz Sotelo e incorpórase outro cociñeiro residente, o cambadés Antonio Botana. E cambia o  autobús-cociña. Os dous cociñeiros están acompañados polos presentadores Marta Doviro e Antón Lezcano e entre eles catro fan un percorrido por varias cidades e vilas galegas para cociñar cun produto “sorpresa” en cada un dos diferentes mercados de abastos que hai neses destinos. En cada entrega de “Gastrópodos”, os cociñeiros e presentadores repártense en dous equipos que compiten por gañar cada un dos programas. Tamén aparece a figura do axudante ou “pinche” de cociña, seleccionado nun “casting” que o programa gravou en varias escolas de hostalería galegas. Ademais, convídase a un colectivo ou asociación para exercer de xurado popular. A nova tem
Pataca de Xinzo de Limia - 04/02/2017 19:30
A ameixa de Carril - 28/01/2017 19:30
O autobús de Gastrópodos desprázase á Ría de Arousa. O lugar escollido nesta área é Carril, o paraíso da ameixa que se cultiva en Galicia. 
O queixo de Arzúa - 21/01/2017 19:30
O autobús de Gastrópodos chega á vila coruñesa de Arzúa. Se por algo é coñecida esta localidade, é polo seu queixo. A cociñeira do programa, Beatriz Solo, reta a María José Sanmartín.
A vieira de Cambados - 14/01/2017 19:30
O autobús de “Gastrópodos” fai parada nas terras do Salnés. Alí, visita Cambados para renderlle homenaxe a un dos mariscos de máis sona da vila mariñeira: a vieira.
Xouba de Rianxo - 07/01/2017 19:30
 A xouba é un peixe que está intimamente unido á vila mariñeira de Rianxo. Por iso, o programa “Gastrópodos” escolleu este destino para falar dun peixe azul que ten un dos seus principais portos de referencia nesta vila arousá. 
Anguía de Portomarín - 17/12/2016 19:30
Chegamos co autobús de "Gastrópodos" á vila lucense de Portomarín, á beira do encoro de Belesar. Desta volta, o obxectivo é a anguía. Este peixe, que noutrora era abundante nas ribeiras do Miño ao seu paso por Portomarín, foi minguando na súa importancia debido á construción dos encoros. A presentadora Marta Doviro busca pola vila adiante un cociñeiro que lle faga fronte á chef e estrela Michelín Beatriz Sotelo. Orival escollido é o xefe de cociña da Pousada de Portomarín, Antonio Busto. Ademais de seguir a competición entre cociñeiros, coñecemos cuestións relativas á pesca tradicional da anguía no río Miño, das famosas tortas de Ancano e da augardente de Portomarín. 
Raia de Portonovo - 10/12/2016 19:30
O boi de Allariz - 03/12/2016 19:30
O autobús gastronómico do programa chega a terras ourensás para renderlle unha homenaxe á carne feita, madura, como é a de boi. A Festa do Boi de Allariz é unha das máis antigas de Galicia, recuperada nos tempos contemporáneos e que goza dun inmenso apoio popular. Nesta festa, o boi percorre as rúas da zona vella, entre o delirio dopúblico. Por iso, en Allariz existen tamén unhas xornadas gastronómicas baseadas no consumo de carne de bois criados nestas terras de Ourense. A presentadora e "pinche" de cociña do programa, Marta Doviro, busca un rival digno para competir coa cociñeira de "Gastrópodos", Beatriz Sotelo, ao tempo que descobre os segredos do boi. Finalmente, o elixido é José Torrico, un cociñeiro catalán asentado hai anos en Allariz. Marta tamén visita o recinto onde se celebra o Festival Internacional de Xardíns e fai parada na Taberna do Pepiño e en Casa Fandiño .O xurado popular do programa está integrado nesta ocasión polo tamén televisivo cociñeiro André de Arzúa e po
A centola do Grove - 26/11/2016 19:30
"Gastrópodos" visita a terra dos "Mecos", na península do Grove, coa súa cociña en ruta. Nesta ocasión a cociñeira Beatriz Sotelo medirase contra o cociñeiro, e tamén amigo, Javier Ollero. Será unha difícil disputa xa que Javier posúe unha estrela Michelin polo traballo desenvolvido no restaurante Culler de Pau. A "pinche" e presentadora, Marta Doviro, fai un percorrido pola vila. Nas visitas á Confraría do Grove, a cetaria Trelles e os restaurantes A Meloxeira e Misturas, aprende os segredos da centola. Os hostaleiros Alberto Domínguez (D´Berto) e Rocío Lis (O Almacén do Avó) exercen de xuíces xunto ao crítico gastronómico do programa, Jorge Guitián.
Pementos de Padrón - 19/11/2016 19:30
"Gastrópodos"chega a Padrón para falar dun produto que xa é mundialmente coñecido: o pemento. O autobús programa aparca no centro da vila e  a "pinche" de cociña e presentadora, Marta Doviro, aproveitar para dar un paseo. Marta fala coas pementeiras, vai ata os invernadoiros e aprende as últimas novidades culinarias, algunha delas ben orixinais, como a marmelada de pementos. O rival de cociña para Beatriz Sotelo é José Rivera, "Chef Rivera", un clásico dos fogóns padroneses que ten un dos restaurantes de máis sona de Galicia.
A pataca de Xinzo de Limia - 12/11/2016 19:30
A cociña en ruta chega á vila ourensá de Xinzo de Limia para coñecer de primeira man un produto co que todos os galegos contan na súa mesa: a pataca. Na bisbarra do Limia bótanse a meirande parte das patacas que se consomen en Galicia. Despois dun percorrido pola vila de Xinzo, a presentadora e pincha do programa, Marta Doviro, visita as leiras de patacas do lugar para coñecer un pouco mellor este produto e a riqueza que xera na localidade ourensá. Aproveitando a viaxe, dá unha volta pola ruta dos viños para visitar A Trocha, un lugar onde aínda se cociña un dos produtos máis singulares da zona, a ra, e visita o Museo Galego do Entroido, situado nesta vila que forma o triángulo máxico xunto a Laza e Verín. Para cociñar no autobús do espazo culinario, a persoa escollida é a unha cociñeira nova pero con moito talento, Sesé, do restaurante Langrina, un dos pequenos recunchos con encanto no que gozar dunha boa mesa. O xurado do programa está formado pola empresaria Gloria Fernández e pol
Ameixa de Carril - 05/11/2016 19:30
“Gastrópodos, cociña en ruta” lévanos ata a Ría de Arousa, en concreto a Carril, paraíso da ameixa. Coñecemos os Parquistas, un colectivo que agrupa máis de 400 persoas que viven exclusivamente deste marisco, visitamos a Illa de Cortegada, que agocha moitos segredos, e entramos nun dos restaurantes de máis sona, o “Loliña”.  Para enfrontarse a Beatriz Sotelo, a cociñeira do programa, desta volta escolleuse unha persoa que hai dous anos decidiu abrir un pequeno negocio de comida tradicional na vila. Raquel, a “da Castelara”, é a cociñeira que se enfronta na cociña de “Gastrópodos” para preparar ameixa de Carril. O xurado do programa está integrado nesta ocasión polo presidente da Agrupación de Parquistas de Carril, José Luis Villanueva, e por Enrique González, un mariscador da vila. 
Arzúa e o queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa - 01/10/2016 19:45
Os cociñeiros en ruta chegan á vila coruñesa de Arzúa. Se por algo é coñecida esta localidade, é por ser un dos lugares de máis sona en Galicia no referido ao queixo. O queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, que agrupa a vila coruñesa e a comarca lucense, será noso o protagonista. Beatriz Sotelo, enfrontarase a un reto moi especial e ese será competir contra unha muller, María José, herdeira dunha tradición centenaria: ser a cociñeira da casa de comidas Casa Chelo. Este negocio leva aberto máis de cen anos nesta vila do interior da provincia da Coruña e ademais, María José é filla, neta e bisneta de cociñeiras, as outras mulleres que antes que ela atenderon o negocio en Casa Chelo. Visitaremos da man da pinche Marta Doviro, a única queixería que segue a producir queixos no concello de Arzúa e o albergue de peregrinos “De Camino”. Para conformar xurado de “Gastrópodos”, nesta ocasión, contamos coa colaboración do director da Radio Municipal de Arzúa, Armando Cascó
Cambados e a vieira - 18/09/2016 19:45
Facemos unha parada nas terras do Salnés: imos ata Cambados para renderlle homenaxe a un dos mariscos de máis sona da vila mariñeira: a vieira. A pinche e presentadora do programa, Marta Doviro, iniciará o seu paseo pola localidade na ponte que une a illa de San Sadurniño con Santo Tomé, a antiga vila mariñeira de Cambados. Durante o seu percorrido polo lugar para atopar un cociñeiro que se enfronte a Beatriz Sotelo e dar con diferentes xeitos de preparar a vieira. O programa visitará negocios de restauración como A de Luis ou o Ribadomar, para entender cal é o vínculo que ten a vila con este molusco bivalvo e os diferentes xeitos de preparación que existen para degustalo. Tampouco perderá a ocasión para visitar a empresa Porto de Cambados, a principal subministradora deste marisco en Galicia. Finalmente, Marta Doviro dará cun rival para a chef de “Gastrópodos”. O escollido será Antonio Botana, do restaurante Pandemonium, un cociñeiro autodidacta que ten o seu negocio aberto en Camb
Rianxo e as xoubas - 11/09/2016 00:00
A xouba é un peixe que está intimamente unido á vila mariñeira de Rianxo. Por iso, escollimos este destino para falar dun peixe azul que ten un dos seus principais portos de referencia en Rianxo. Berce de intelectuais e escritores como Castelao, Dieste ou Manuel Antonio, en Rianxo gávanse de capturar as mellores xoubas de Galicia grazas á arte do xeito, un modo de captura tradicional. Marta Doviro, visitará precisamente o porto de Rianxo para falar cun mariñeiro que se dedica á pesca da xouba. Tamén falará cos veciños do lugar para coñecer máis detalles referidos á cultura mariñeira da vila e subirá a unha dorna xeiteira, a embarcación coa que se pescaba a xouba antigamente. Ao remate da súa xira por Rianxo coñeceremos quen é o mellor rival: a cociñeira do programa, Beatriz Sotelo ou Fran, un rapaz de Vigo que se trasladou a esta vila para abrir o restaurante Casa do Vilar.

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >