Nesta ocasión a cociñeira Beatriz Sotelo medirase contra o cociñeiro, e tamén amigo, Javier Ollero. Será unha difícil desputa xa que Javier posúe unha estrela Michelin polo traballo desenvolvido no restaurante Culler de Pau.Por outra parte, a “pinche” de cociña Marta Doviro fará un percorrido pola vila grovense no que coñecerá os segredos da centola durante as visitas a Confraría do Grove, a cetaria Trelles e os restaurantes A Meloxeira e Misturas.