A viaxe gastronómica por Galicia que propón cada semana o programa “Gastrópodos” chega desta volta á cidade de Ferrol. O lugar escollido para situar o autobús  é a Praza de Amboaxe, en pleno corazón do barrio da Madalena. Os dous cociñeiros do programa, Beatriz Sotelo e Antonio Botana, fan as súas compras, en parte, no mercado de “La Pescadería”, edificio construído en 1923 e deseñado polo arquitecto ferrolán Rodolfo Ucha Piñeiro.Nesta ocasión, os convidados para escoller cal das dúas receitas dos cociñeiros do programa é a gañadora son traballadores do parque de bombeiros municipal de Ferrol.A visita á cidade departamental tamén é aproveitada para coñecer outros recantos que teñen moito encanto. Un deles é o barrio de Recimil, por onde se deixa caer a presentadora do programa, Marta Doviro, para falar doutro mercado municipal e da vida tan singular que se respira nun barrio tan popular coma este.Finalmente, os dous cociñeiros residentes do programa teñen unha axuda externa coa partici