O equipo de “Gastrópodos, cociña en ruta” achegarase esta semana ata Portonovo, unha das vila máis turísticas de Galicia, que no verán se converte nun formigueiro de xente. O programa visitará esta vila para falar dun produto moi unido a esta vila mariñeira, a raia, un peixe nada atractivo esteticamente, pero que ten moito tirón neste porto da Ría de Pontevedra.