'”Galicia 4.0” segue achegándose ás empresas galegas que apostan pola innovación e a tecnoloxía, e que contribúen con innovadores produtos e servizos a que todos teñamos unha vida máis cómoda. Nesta entrega, descubrimos como se fabrica o selante das latas de bebidas que se toman en todo o mundo. Unha química galega  deu coa fórmula que facilita un xesto que repetimos a cotío como beber un refresco. Ademais, este tempo no que o frío aperta, Galicia 4.0. intérnase no proceso de fabricación e no funcionamento das estufas de pellets, que quentan moitos fogares. Para iso, o programa acompaña a Juan, un home que quere coñecer en profundidade os mecanismos que permiten producir calor dunha forma sostible