Como resultado da investigación e do aproveitamento sostible dos produtos mariños, unha empresa galega foi capaz de producir a carraxenina, un produto derivado das algas que, entre outras cousas, lle dá esa textura xelatinosa ao flan. Ademais, este espazo sobre innovación, tamén investigará o sector contract, centrado na produción, distribución e instalación de produtos de arquitectura e decoración, que está formado en Galicia por fortes industrias cunha gran capacidade exportadora.