O programa da Televisión de Galicia acompañará un profesor de autoescola, que pasa centos de horas sentado ao volante, na súa visita a unha compañía galega onde se empregan as últimas tecnoloxías para fabricar os asentos dos automóbiles. Tamén coñecerá un simpático arquitecto, cuxa experiencia o ten levado a atinar sempre cos mellores materiais á hora de realizar unha vivenda. A lousa, pola súa calidade, é un deles. Para descubrir o interesante proceso produtivo deste material, o espazo da canle pública dedicado ás novas tecnoloxías e á innovación visitará unha canteira da comarca de Valdeorras, en que unha compañía extrae e trata a lousa que formará parte das vivendas de gran parte do mundo.