O feito de abrir un refrixerador para escoller os elementos cos que elaborar unha receita pode levarnos a botar man dun produto galego que agoche profesionalidade, innovación, desenvolvemento e moito esforzo. Todos estes factores collen nunha bolsa de luras conxeladas. O programa sobre tecnoloxías e innovación coa colaboración dun chef coñecerá como é o seu proceso de elaboración.